Ter e desenvolver Iniciativas Emprendedoras, en calquera ámbito da vida social e persoal no só e unha característica das sociedades mais desenvolvidas coas que temos como obxectivo converxer. É un dos elementos fundamentais para consolidar a senda de crecemento socioeconómico como pais e de xeito individual como persoa.
|
Dado o déficit emprendedor da nosa sociedade e das dificultades para xerar e construír Iniciativas, en grande medida pola falla na capacitación dos nosos mozos e mozas, xurde a necesidade de fomentar o espírito emprendedor e de facilitar que todas as ideas poidan materializarse en Iniciativas reais. |
| Continuando co traballo que xa estaban a desenvolver neste sentido un conxunto de entidades como as Consellerías de Economía, e Educación e Ordenación Universitaria o Instituto Galego de Promoción Económica e o Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), xurde este espazo como elemento visible dun traballo que estase a realizar por primeira vez no curso 2007-2008 nos centros de ensino galegos, coa introducción no terceiro curso da ensinanza secundaria obrigatoria da materia optativa “Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras” que introduce nos plans de estudos a reforma do Decreto 133/2007, do 5 de xullo , polo que se regulan as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. |